lunes, 26 de febrero de 2018

XOGADE: SESIÓN DE JUDO EN GONDOMAR

Alumnas e alumnos de 2º de Primaria do cole participamos na mañá do xoves 22 de febreiro nunha xornada de iniciación ao Judo no Pavillón Municipal de Deportes de Gondomar.

Foi organizada pola Federación Galega de Judo e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia para fomentar a práctica deste deporte e educar en valores como o compañeirismo ou a deportividade. Fixemos moitas amigas e amigos dos coles do CEIP Chano Piñeiro e CEIP Souto Donas.

Pasámolo en grande!!!



martes, 6 de febrero de 2018

CIRCUÍTO DE HABILIDADES MOTRICES DE 6ºEP: O BOTE

As alumnas/os de 6º EP realizamos un circuíto de manexo de balón coa man dominante. Que difícil!!!