miércoles, 20 de diciembre de 2017

CADEA DE PONTES

Exhibición dalgunhas alumnas de 6ºEP realizando un exercicio acrobático, unha cadea de pontes, na clase de Educación Física.
Parabéns!!!

lunes, 18 de diciembre de 2017

XIX CROSS ESCOLAR DO VAL MIÑOR 2017-18

A Concellaría de Deportes do Concello de Baiona e a Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia a través do seu programa deportivo escolar “XOGADE”, no que estamos inscritos organizaron o XIX Cross Escolar do Val Miñor. O día 17 de decembro moitos nenos e nenas do cole participamos nunha nova edición con outros colexios do Val Miñor.

No seguinte enlace podedes consultar máis sobre a competición:
Os atletas do noso cole que participaron foron:
Infantís: Ana, Alba e Nico.

Alevíns: Aroa.

Benxamíns: Mar, Alba, Enea, Andrea, Alba Alborés, Adhara, Emma, Zaira, Ivo, Iago, Martiño, Alejandro, Xabi, Lucca e Samu.

PrebenxamínsYeray, Gaby Lemos, Asier, Alejandro, Lois, Iago, Iker, Xonxa e Helena.


ChupetesIsaac, Arán, Martín, Xoel, Ian, Yoel, Nico, Illie, Mara Castro, Alicia Quelle e Mara Pérez.


Estamos moi orgullosos de todos vós xa que o noso obxectivo sempre é pasalo ben e intentar rematar a carreira, así que obxectivo cumprido.

Parabéns a todos os participantes polo voso esforzo e aos pais e nais por levalos!!!

lunes, 27 de noviembre de 2017

XOGOS POPULARES

Un ano máis seguimos disfrutando dos xogos populares nos diferentes cursos: 3 en raia, a mariola, sete e medio, as chapas, etc.
Aquí un vídeo de 3ºEP:


viernes, 3 de noviembre de 2017

CIRCUÍTO DE HABILIDADES


Os alumnos/as de 1ºEP, 2ºEP e 3ºEP realizaron un circuíto de habilidades motrices. Aquí tedes unha mostra:

viernes, 29 de septiembre de 2017

COÑECE O MEU CLUB: AGRUPACIÓN DEPORTIVA VINCIOS

Stanislav Chernobaiev, xogador ucraniano da Agrupación Deportiva Vincios de Tenis de Mesa e Edgar pasaron polo cole para explicarnos que o tenis de mesa non é tan dificil. Tamén podedes practicalo no cole polas tardes!!!


COÑECE O MEU CLUB: CLUB DE TENIS DE GONDOMAR

Alejandro, entrenador do clube de Tenis de Gondomar, estivo con nós, para amosarnos o divertido que é o tenis. Polas tardes adestrará no cole a todos/as os que queirades practicalo.

miércoles, 13 de septiembre de 2017

OFERTA DEPORTIVA

É importantísimo que realicedes unha actividade física ou un deporte pola tarde e que a vosa alimentación sexa completa e equilibrada. 

Exercicio físico + Alimentación sa= Saúde.


Busca o deporte que máis te guste!!!


horarios escolas deportivasAquí tedes a oferta do Concello de Gondomar. En breve sairán as actividades que organiza a ANPA no colexio. Elixide a actividade que máis vos guste!!!:

BENVIDOS AO CURSO 2017-18

COMEZAMOS UN NOVO CURSO ESCOLAR CON MOITA ACTIVIDADE DEPORTIVA!!!

MATERIAL DE EDUCACIÓN FÍSICA

• Roupa deportiva (chándal, camiseta, pantalón de deportes, segundo a época do ano…)
• Calzado axeitado para realizar exercicio físico.


• ALUMNOS/AS DE 1º e 2º EP: non se duchan pero teñen que traer material para o aseo persoal: toalla pequena, xabón ou xel, outra camiseta limpa, etc.

  
• ALUMNOS/AS DE 3º, 4º, 5º e 6º EP: a ducha é obrigatoria ó finalizar a sesión: toalla, xabón ou xel, chanclas, outra  e muda limpa, etc.

miércoles, 21 de junio de 2017

jueves, 15 de junio de 2017

XORNADA DE XOGOS POPULARES PARA OS ESCOLARES DA COMARCA DO VAL MIÑOR

Alumnos e alumnas de toda a comarca participaron o xoves 1 de xuño na xa tradicional xornada de xogos populares, celebrada no campo municipal das Cercas, en Gondomar.
Os nenos e nenas, acompañados polo profesorado, puideron recuperar vinte xogos populares: o trompo, a ra, o cacho ou Mariola, as bólas, a chave, brancos e negros, a goma, os lombos ou mula, as lámpadas, a corda, o marro ou palma, o pano, a petanca, a carreira de sacos, empuxar a corda, os aros, os chineses, as chapas e o pai, fillo, nai.
Cada un dos vinte xogos era unha estación, así que os nenos e nenas tiñan que mostrar as súas habilidades e estar preparado para cambiar de estación cada sete minutos, co son dunha bucina.
Este evento organizouse a través dos Equipos de Normalización Lingüística dos colexios, que pretende crear un espazo onde os nenos e nenas poidan compartir o galego como lingua para intercambiar as experiencias vividas nas xornadas, á vez que se fomenta o espírito deportivo e os hábitos saudables.


domingo, 30 de abril de 2017

PISCINA, XOGOS ACUÁTICOS, PILATES, TONIFICACIÓN E SPINNING 5º e 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Fantástico traballo físico desenvolvido polos alumnos e alumnas de 5ºEP e 6ºEP durante 8 sesións nas instalacións da piscina da Ramallosa:
tonificación, propiocepción, habilidades e destrezas básicas, spinning, natación e xogos acuáticos, ademais de ter un comportamento 10 nas instalacións. 
Moitas grazas un ano máis á Comunidade de Montes de Vincios por apostar todos os anos por esta actividade. 
Foi un pracer comprobar como disfrutaron da actividade aínda que houbo momentos de sufrimento nalgúns exercicios. 
Noraboa!!! 




miércoles, 5 de abril de 2017

XORNADAS DE EDUCACIÓN VIAL COA POLICÍA MUNICIPAL DE GONDOMAR

O 27 de abril os alumnos/as de 3ºEP, 4ºEP, 5ºEP e 6ºEP tiveron unha sesión teórica de EDUCACIÓN VIAL impartida por membros da Policía Municipal de Gondomar. O 4 de abril por fin chegaron as prácticas. 

Tanto a Policía local como os voluntarios de Protección Civil e un membro da DGT (Dirección Xeral de Tráfico) idearon un circuíto no campo de futbito, co obxectivo de levar á práctica os contidos de seguridade vial traballados: sinais de tráfico, preferencias na circulación, sinalización de maniobras, circulación nas glorietas... Os alumnos/as de 3º e 4º trouxeron as súas bicis e os de 5º e 6º gorazon dos karts da DGT. Sen dúbida, foi unha xornada moi produtiva e pedagóxica que non esqueceremos.
Moitas grazas á Policía Local pola súa dedicación!!!

jueves, 30 de marzo de 2017

XORNADA DE APROXIMACIÓN AO JUDO

Este mércores, 29 de marzo, asistimos a unha Xornada de Judo no Pavillón de Gondomar.
Realizamos xogos guiados, con xestos respectuosos de presentación e agradecemento.
Os exercicios, sempre de colaboración e non de oposición, favoreceron a actividade cooperativa, a empatía e a socialización.
Os especialistas na actividade, mestres e campións de Judo, explicáronnos como prever lesións, xa que se trata de transmitir un concepto novo de práctica deportiva baseado na loita, pero con fins unicamente deportivos e lúdicos.

Fixemos unha foto co campión de Judo, Miguel Romero Azpitarte



viernes, 17 de marzo de 2017

POR FIN OS XOGOS POPULARES

Por fin o tempo acompanou e puidemos realizar a xornada de xogos populares o 10 de marzo. Agora os tempos de lecer están máis dinamizados e os nenos e nenas coñecen os xogos de antes.

jueves, 16 de febrero de 2017

XOGOS POPULARES NO COLE

3 en raia
A Mariola
Marcos, o conserxe, fixo un traballo estupendo e pintounos varias zonas do cole para poder practicar xogos populares: a mariola, a comba, tres en raia, o caracol, a ra, as cores, as chapas, as sete e media, as bólas,...

O Caracol
As Chapas

Temos un recuncho
no corredor da planta baixa onde podemos coller material para practicalos. Acordádevos de volver a poñer o material no seu sitio.


Recuncho Xogos Populares


A Ra
As 7 e media
O patio do cole empeza a estar animado xa que tanto antes de entrar pola mañá, como nos recreos, moitos nenos e nenas xogan ao que xogaban os nosos pais, avós, etc. 
Xogade moito que non debemos perdelos de vista!!!

domingo, 12 de febrero de 2017

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS SAN MIGUEL DE OIA (VIGO)

Paula, Alba, Xoan, Alejandra, Carlota e Mar
O Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra da Xunta de Galicia en colaboración coa Federación Galega de Atletismo e o Club S.D.A. San Miguel de Oia, organizaron o Campionato Provincial de CAMPO A TRAVÉS do programa XOGADE, que se realizou o domingo 12 de febreiro en San Miguel de Oia.
No Cross Zonal do Val Miñor, clasificáronse para participar neste campionato provincial os seguintes alumnos/as:
  • BENXAMÍN MASCULINO INDIVIDUAL:
- IVO CEA GONZALEZ (2ºEP)
  • BENXAMÍN FEMININO EQUIPOS::
- LUCÍA MARTÍNEZ OTERO (3ºEP)
    - ALEJANDRA VILA COSTAS (2ºEP)
      - PAULA PIÑEIRO GONZÁLEZ (2ºEP)
        - ALBA HERRANZ PAZOS (2ºEP)
          - MAR HERRANZ PAZOS (2ºEP)
            - CARLOTA LIZ PAZ (2ºEP)
              Ivo


              Noraboa para todos eles porque o fixeron xenial!!!
              A continuación clicade no enlace para consultar os resultados das diferentes probas: 





                

              lunes, 23 de enero de 2017

              XVIII CROSS ESCOLAR DO VAL MIÑOR 2016-17

              A Concellaría de Deportes do Concello de Baiona e a Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia a través do seu programa deportivo escolar “XOGADE”, no que estamos inscritos organizaron o XVIII Cross Escolar do Val Miñor. O día 21 de xaneiro moitos nenos e nenas do cole participamos nunha nova edición con outros colexios do Val Miñor.

              No seguinte enlace podedes consultar máis sobre a competición:
              Os atletas do noso cole que participaron foron:

              Benxamíns: Xavela Barreiro, Alejandra Vila, Paula Piñeiro, Carlota Liz, Leire Fernández, Lucía Martínez, Mar Herranz, Alba Herranz, Enea Otero, Ivo Cea e Iago Costas.

              Prebenxamíns: Ian Cea, Xabi Arias, Lucca Martínez, Diego Duarte, Lois Martínez, Martiño Álvarez, Pedro Sío, Iker Alonso, Alejandro Araújo, Nico Caride, Alejandro Quelle, Gabriel Bratos, Ixem Lemos, Yeray García, Gabriel Lemos, Asier Rodríguez, Emma Castro, Sara Chamorro, Helena Domínguez e Lucía Lages.

              ChupetesIsaac Rodríguez, Martín Castro, Martín Bouza, Iker Alfonso, Xoan Liz, Mara Castro, Claudia Comesaña, Mara Fernández, Naya Fernández, Xonxa Vidal, Lucía Otero e Laura Meira.


              Este ano tamén houbo algunha medalla pero estamos moi moi orgullosos de todos os alumnos/as citados anteriormente xa que o noso obxectivo sempre é pasalo ben e intentar rematar a carreira, así que obxectivo cumprido.

              Parabéns a todos os participantes polo voso esforzo e aos pais e nais por levalos!!!