viernes, 23 de diciembre de 2016

ANUNCIO DO XVIII CROSS ESCOLAR DO VAL MIÑOR


A Concellaría de Deportes do Concello de Baiona e a Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia a través do seu programa deportivo escolar “XOGADE”, no que estamos inscritos organiza o XVIII Cross Escolar do Val Miñor. O día 21 de decembro TODOS E TODAS a correr nunha nova edición onde participan moitos colexios do Val Miñor. Para anotarse, o profe de EF entregará o día 9 de xaneiro a inscrición para participar que deberán entregarse ante do 13 de xaneiro. Os dorsais serán repartidos o día 20 no colexio a cada neno/a.




sábado, 19 de noviembre de 2016

HABITOS SAUDABLES: TRABALLO DE "CORE" 6ºEP

"Core" é unha palabra, cuxo significado é "centro". Refírese aos músculos abdominais, lumbares, da pelvis, os glúteos e a musculatura profunda da columna.
Os músculos que forman o "core" son fundamentais para desenvolver a forza e a flexibilidade e tamén para evitar dores de costas e lesións. 
Marabilloso traballo de core realizado neste caso polos alumnos e alumnas de 6ºEP. 
Estou moi orgulloso do voso traballo!!!

HÁBITOS SAUDABLES: QUECEMENTO 1ºEP

Mobilidade articular, desprazamentos e exercicios dinámicos de coordinación que serven para aumentar a temperatura corporal, preparar o corpo para un esforzo maior e evitar posibles lesións. 
Dá gusto ver a os máis peques de primaria quentar sos antes de comezar a sesión: cada vez máis autónomos.


domingo, 2 de octubre de 2016

COÑECE O MEU CLUB: "CLUB DE TENIS GONDOMAR"

Alejandro, adestrador do Club de Tenis Gondomar, visitounos durante a última semana de setembro para realizar, en todos os cursos, xogos predeportivos e exercicios relacionados co tenis e tamén para animar ao alumnado a anotarse en tenis como actividade extraescolar. Podedes anotarvos tanto no colexio (será os luns) como en Gondomar.

ACTIVIDADE FÍSICA EN HORARIO EXTRAESCOLAR

É importantísimo que realicemos unha actividade física pola tarde. O exercicio físico é igual a saúde.
Aquí temos a oferta do colexio e a do Concello de Gondomar. Elixide a actividade que máis vos guste!!!:



COMEZAMOS O CURSO 2016-17

MATERIAL DE EDUCACIÓN FÍSICA
O material de educación física que necesitamos é o seguinte:
• Roupa deportiva (chándal, camiseta, pantalón de deportes, segundo a época do ano…)
• Calzado axeitado para realizar exercicio físico, as zapatillas de loneta NON son as máis adecuadas.
• Se un alumno/a non pode realizar actividade física durante un longo período de tempo terá que entregar certificación médica. Se é por enfermidade leve bastará cunha nota dos pais/nais/titores legais.
• É conveniente que os alumnos/as non veñan provistos de xoias, pulseiras, reloxos, pendentes, cadeas, ou calquera outro elemento que poida considerarse perigoso nas sesións de E.F.
ALUMNOS/AS DE 1º e 2º EP: non se duchan pero teñen que traer material para o aseo persoal: toalla pequena, xabón ou xel, outra camiseta limpa, etc.
ALUMNOS/AS DE 3º, 4º, 5º e 6º EP: a ducha é obrigatoria ó finalizar a sesión: toalla, xabón ou xel, chanclas, outra roupa e muda limpa, etc.

miércoles, 15 de junio de 2016

VOLTA CICLISTA JUNIOR NO CEIP SERRA VINCIOS

Durante a semana do 6 ao 10 de xuño acudiron monitores da Volta Ciclista a España para amosarlles aos alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria a técnica e os valores da bicicleta (esforzo, humildade e respecto). 4 alumnos/as participarán no último quilómetro da etapa que remata en Baiona o 21 de agosto e vivirán en directo as sensacións da Volta.
No seguinte vídeo podedes ver imaxes das sesións e do circuíto que practicou o alumnado:


lunes, 6 de junio de 2016

XOGOS POPULARES EN GONDOMAR PARA 4º DE E. PRIMARIA

Alumnos de 4º de Primaria de 12 colexios do Val Miñor participamos o venres 3 de xuño na tradicional Xornada de Xogos Populares, celebrada no campo municipal das Cercas, en Gondomar.

Desde as 10:00 ata as 13:00 horas, xogamos a: o trompo, a ra, o cacho ou mariola, as bolas, a chave, brancos e negros, a goma, os lombos ou mula, as bombillas, a corda, o marro ou palma, o pano, a petanca, a carreira de sacos, empuxar a corda, os aros, os chinos, as chapas e o pai, fillo, nai.

Este evento organízase a través dos Equipos de Normalización Lingüística dos colexios, que pretende crear un espazo onde os nenos e nenas poidan compartir o galego como lingua para intercambiar as experiencias vividas nas xornadas, á vez que se fomenta o espírito deportivo e os hábitos saudables.

Participamos os colexios Anxo da Garda, Panxón, Humberto Juanes, Carlos Casares, Cruz Camos e Mallón de Nigrán, Fontes, Belesar e Sabarís de Baiona, e Serra-Vincios, Souto Donas e Peitieiros de Gondomar.

Neste enlace do Concello de Gondomar podedes ver o vídeo da xornada:

lunes, 30 de mayo de 2016

SPINNING, TONIFICACIÓN, PILATES, NATACIÓN E XOGOS ACUÁTICOS PARA 5º e 6º EP NA PISCINA DO VAL MIÑOR

Coma todos os anos, en abril e maio acudimos ás instalacións da Piscina do Val Miñor a realizar actividade física nun entorno distinto ao habitual:
  • Spinning
  • Tonificación
  • Pilates
  • Natación
  • Habilidades e destrezas acuáticas
  •  Xogos acuáticos
Aprendemos a utilizar unha instalación deportiva con outros usuarios, tendo un comportamento excelente. Durante 8 sesións melloramos a forza, a resistencia, o equilibrio, os saltos e a coordinación:
  • 1 sesión de 20 minutos onde combinamos SPINNING con exercicios de propiocepción típicos de PILATES traballando a resistencia, o equilibrio e a forza.
  • 1 sesión de 20 minutos de spinning. 
  • 1 sesión de 45 minutos dentro da auga para mesturar a NATACIÓN con XOGOS E HABILIDADES MOTRICES dentro da auga.


Isto é posible grazas á financiación da COMUNIDADE DE MONTES DE VINCIOS que aposta todos os anos pola educación dos nenos e nenas da parroquia.

PARABÉNS A TODOS OS ALUMNOS/AS POLO ESFORZO AMOSADO!!!

Vídeo de natación, habilidades e destrezas e xogos acuáticos:




Vídeo de spinning, tonificación e pilates:




Vídeo do último día: tobogán xigante e basket acuático:

miércoles, 4 de mayo de 2016

FROITA NA ESCOLA 2015-16

Desde o ano 2009 a Unión Europea conta co Plan de froita nas escolas, destinado a repartir froitas e hortalizas. 


Este ano concedéronnos outra vez as axudas para distribuír froitas frescas ao alumnado e durante catro semanas repartiranse distintas froitas aos nenos/as na hora do recreo. 


do 2-6 de maio
do 9-13 de maio
do 30 de maio ao 3 de xuño
do 6-10 de xuño

AliméntaTBen é un programa da Consellería do Medio Rural e do Mar, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Sanidade, que contribúe á mellora dos hábitos alimenticios e a unha nutrición saudable para o alumnado dos centros educativos galegos. O obxectivo deste programa é potenciar o consumo de froitas entre o alumnado. 

 Así que, a comer moita froitaaaaa!!!

miércoles, 27 de abril de 2016

ATLETISMO EN PISTA NO CUVI PARA 5º DE PRIMARIA

O Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra, organizou unha actividade de Atletismo en Pista para centros escolares dentro do programa XOGADE no CUVI (Colexio Universitario de Vigo) o mércores 27 de abril na que participararon os alumnos/as de 5º de Educación Primaria. Participamos xunto con outos colexios, CEP Sabarís, CEIP Belesar, CPR Ángel de la Guarda, CEIP Carlos Casares e CPR Estudio. As probas que realizamos foron:


  • 60 m. Lisos
  • 500 m. Lisos
  • Lanzamento de Vórtex
  • Salto de lonxitude
  • Lanzamento de peso (2 kg.)
  • Relevo 4x60 m.


Foi un día de diversión onde comprobamos o sufrido que é o atletismo, pero competimos moi ben!!!
Noraboa ao alumnado de 5º.
No seguinte vídeo, algunhas fotos da xornada:




sábado, 16 de abril de 2016

XOGOS COOPERATIVOS CON 1º EP: "O PARACAÍDAS"

Un xogo cooperativo é aquel no que os alumnos/as que participan non compiten, senón que buscan un obxectivo común e se gaña ou se perde como grupo. Os xogos cooperativos promoven a participación e actitudes de empatía, coordinación, comunicación e solidariedade.
O paracaídas é un xogo cooperativo que sempre funciona, porque é rechamante, de gran tamaño, ten moito colorido e préstase a que o xogo sexa participativo, dinámico e divertido.
Aquí unha mostra con alumnado de 1º de Educación Primaria:


miércoles, 24 de febrero de 2016

XOGADE: SESIÓN DE JUDO PARA 3º EP

O Pabellón de Deportes de Gondomar acolleu este martes unha xornada de aproximación ao Judo, na que participaron escolares dos CEIP de Donas e SERRA VINCIOS, ademais de alumnos e alumnas dos CEIP de Covaterreña e Belesar de Baiona.
A iniciativa contou co apoio da Federación Galega de Judo, cuxos monitores dirixiron a actividade, así como coa colaboración da Secretaría Xeral para ou Deporte da Xunta de Galicia.
Este sábado, 27 de febreiro, o Pabellón de Deportes de Gondomar acollerá desde as 11:00 horas a primeira xornada da Fase Sur de XogaJudo, unha actividade organizada pola Federación Galega de Judo e enmarcada dentro do programa Xogade da Secretaría Xeral para ou Deporte da Xunta de Galicia.
A actividade ten como principais obxectivos iniciar aos nenos e nenas na competición deportiva dun xeito sinxelo e divertida, ademais de estimular e educar cun reglamento que dá prioridad a valores como o compañerismo por encima do resultado deportivo.
Aquí tedes algunhas fotos dos nosos alumnos/as nesa sesión:






domingo, 31 de enero de 2016

GYMKANA SOLIDARIA PARA O DÍA DA PAZ 2016

Outro ano máis celebramos o Día da Paz colaborando co Concello de Gondomar.
O dia 29 de xaneiro realizamos unha "GYMKANA SOLIDARIA" para recadar alimentos aportados polas familias do cole e logo cantamos e bailamos no patio cuberto as CANCIÓNS que preparou a profe de música Elena, "Fatuo yo" e o clásico "Meu amor estoupa", que como ben di ela, son cantigas para alegrar a alma!!!
A Concellaría de Benestar Social encargarase o día 3 de febreiro de recoller todos os alimentos que aportaron as familias para achegalos ás persoas máis desfavorecidas do Municipio.
Non vos perdades os 2 vídeos onde nenos, nenas e profes atrévense co circuíto cheo de obstáculos. Destacar aos alumnos e alumnas máis maiores que axudaron con moita tenrura aos máis pequeniños a rematar o percorrido. Por último, todos e todas cantando e bailando.

Grazas a todos e todas pola vosa solidariedade!!!

domingo, 17 de enero de 2016

XOGADE: XVII CROSS ESCOLAR DO VAL MIÑOR EN BAIONA

A Concellaría de Deportes do Concello de Baiona e a Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia a través do seu programa deportivo escolar “XOGADE”,  no que estamos inscritos organizaron o XVII Cross Escolar do Val Miñor. O día 17 de decembro moitos nenos e nenas do cole participamos nunha nova edición con outros colexios do Val Miñor.
Foi unha mágoa o mal tempo que aconteceu, pero os alumnos e alumnas do cole que asistiron correron moi ben.
No seguinte enlace podedes consultar máis sobre a competición:
Os atletas do noso cole que participaron foron:
Alevíns: Alexandre, Marta, Santiago e Aarón (4º EP).
Benxamíns: Iker (3º EP), Roi, Aroa, Lucía e Adrián (2º EP).
Prebenxamíns: Xabier, Samuel Yuma, Nicolás, Martiño, Lucca, Emma, Zaira, Lía, Adhara e Alba (6º EI) e Ivo, Adrián, Alejandra, Mar, Alba e Paula (1ºEP).
Chupetes: Helena, Lucía, Ian, Pedro, Lois, Gabriel Bratos, Gabriel Lemos, Asier, Yeray, Ixem, (5º Infantil) e Martín, Iker e Izan (4º Infantil).
Este ano tamén houbo 3 medallas pero estamos moi moi orgullosos de todos os alumnos/as citados anteriormente xa que o noso obxectivo sempre é pasalo ben e intentar rematar a carreira.


Parabéns a todos os participantes polo voso esforzo e aos pais e nais por levalos!!!