sábado, 19 de septiembre de 2015

XOGADE: VISITA DO CLUB BALONCESTO AIREXA DE NIGRÁN (COÑECE O MEU CLUB)

Dentro do programa XOGADE temos a posibilidade de coñecer o funcionamento dalgúns clubes deportivos da zona para poder entrenar ou realizar actividade física fóra do horario escolar. O 18 de setembro visitáronnos monitores do C. B. Airexa de Nigrán para realizar unha serie de xogos e para captar nenos e nenas para a actividade extraescolar que organiza a ANPA. Aqueles que queiran practicar este deporte, xa saben. 
Pasámolo moi ben!!!                              

http://www.airexa.es/


jueves, 10 de septiembre de 2015

MATERIAL DE EDUCACIÓN FÍSICA

Comezamos a rodar!!!

O material de educación física que necesitamos é o seguinte:
• Roupa deportiva (chándal, camiseta, pantalón de deportes, segundo a época do ano…)
• Calzado axeitado para realizar exercicio físico, as zapatillas de loneta NON son as máis adecuadas.
• Se un alumno/a non pode realizar actividade física durante un longo período de tempo terá que entregar certificación médica. Se é por enfermidade leve bastará cunha nota dos pais/nais/titores legais.
• É conveniente que os alumnos/as non veñan provistos de xoias, pulseiras, reloxos, pendentes, cadeas, ou calquera outro elemento que poida considerarse perigoso nas sesións de E.F.
ALUMNOS/AS DE 1º e 2º EP: non se duchan pero teñen que traer material para o aseo persoal: toalla pequena, xabón ou xel, outra camiseta limpa, etc.
ALUMNOS/AS DE 3º, 4º, 5º e 6º EP: a ducha é obrigatoria ó finalizar a sesión: toalla, xabón ou xel, chanclas, outra roupa e muda limpa, etc.

BENVID@S AO CURSO 2015-16

Un curso máis empezamos con ilusión as clases de Educación Física.
RECORDA:
REALIZA ALGUNHA ACTIVIDADE FÍSICA POLAS TARDES. ESTÁ DEMOSTRADO QUE:
"É MOI SAUDABLE E AXUDA A ESTUDAR MELLOR"