martes, 23 de septiembre de 2014

VISITA DO CELTA FEMININO DE BALONCESTO

Visita moi amena a do día 22 de setembro do Celta feminino de baloncesto, equipo de Vigo da Liga Feminina 2 http://www.celtabaloncesto.com/blog. Viñeron ao noso Centro a relatar as suas experiencias desde os seus inicios no Minibasket, contarnos como compaxinan os estudos co deporte e contestar a moitas preguntas dos alumnos e alumnas. Logo xogamos con elas uns cantos partidiños na pista e, por último, firma de autógrafos.
O obxectivo foi promocionar o baloncesto entre o alumnado xa que vaise crear unha Escola de Minibasket en Gondomar promovida desde a Concellería de Deportes de Gondomar e apoiada pola Diputación, a Federación Galega de Baloncesto e o Club Celta Selmark. A actividade será gratuíta. ANOTÁDEVOS XA!!!
No vídeo amosamos un resumo da xornada. Graza pola visita:

viernes, 19 de septiembre de 2014

CORTOMETRAXE: 6 CONTRA 6

Impresionante vídeo de Marco Fettolini e Miguel Aguirre, altamente instructivo e pedagóxico. Reflexiona sobre a educación e a formación en valores que os pais han de proporcionar aos seus fillos cando realizan deporte e trata o tema da presión desmedida que en ocasións inculcamos aos nosos fillos co ánimo de que destaquen por riba dos demais. Tamén están presentes valores como a amizade, o compañerismo, o sentimento de pertencer a un equipo e o amor por un deporte, neste caso, o baloncesto. 

domingo, 14 de septiembre de 2014

OFERTA DEPORTIVA DA ANPA E DO CONCELLO DE GONDOMAR 2014-15

REALIZADE ALGUNHA ACTIVIDADE FÍSICA POLAS TARDES!!!
Está comprobado que axuda a organizarse mellor á hora de estudar, ademais de ser moi saudable.

Ao inicio do curso as familias buscades a mellor oferta deportiva para os vosos fillos e fillas.
Sabedes que no cole, a ANPA enviará a oferta de actividades para este curso e no Concello de Gondomar tamén tedes opción de facer deporte, sendo algunhas gratuítas. o Concello de Gondomar amplia a súas escolas deportivas, grazas a importante colaboración da Deputación de Pontevedra e dos clubes da comarca. As modalidades ofertadas son:
Por parte da Deputación de Pontevedra, de carácter gratuíto e dirixidas a nenos/as de 5 a 15 anos, contan coas actividades de: Patinaxe / Judo / Balonmán / Futbito / Minibasket (nova actividade para o curso 2014/2015, e dirixida principalmente para cativos de entre 6 e 9 anos).

miércoles, 10 de septiembre de 2014

COMEZAMOS UN NOVO CURSO DEPORTIVO 2014-15

Despois das vacacións e xa coas pilas cargadas, comezamos a rodar!!!

O material de educación física que necesitamos é o seguinte:
• Roupa deportiva (chándal, camiseta, pantalón de deportes, segundo a época do ano…)
• Calzado axeitado para realizar exercicio físico, as zapatillas de loneta NON son as máis adecuadas.
• Se un alumno/a non pode realizar actividade física durante un longo período de tempo terá que entregar certificación médica. Se é por enfermidade leve bastará cunha nota dos pais/nais/titores legais.
• É conveniente que os alumnos/as non veñan provistos de xoias, pulseiras, reloxos, pendentes, cadeas, ou calquera outro elemento que poida considerarse perigoso nas sesións de E.F.
ALUMNOS/AS DE 1º e 2º: non se duchan pero teñen que traer material para o aseo persoal: toalla pequena, xabón ou xel, outra camiseta limpa, etc.
ALUMNOS/AS DE 3º, 4º, 5º e 6º: a ducha é obrigatoria ó finalizar a sesión: toalla, xabón ou xel, chanclas, outra roupa e muda limpa, etc.