domingo, 4 de febrero de 2024

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROSS EN PORTAS PARA 2ºEP

O 2 de febreiro os alumnos e alumnas de 2ºEP participaron no Campionato Provincial de Cross celebrado na localidade de Portas e tiveron unha gran actuación. PARABÉNS!!!



miércoles, 31 de enero de 2024

XOGOS PARA FLOORBALL

Aquí deixamos un vídeo con 2 xogos aplicados ao Floorbal do curso de 3ºEP:

  • O torito mareado
  • A muralla 

lunes, 15 de enero de 2024

RESULTADOS DO CROSS ZONAL PRAIA DE LADEIRA

Finalmente e despois de aprazarse esta competición de campo a través varias veces polo mal tempo, o 11 de xaneiro participamos durante a mañá nesta proba para o alumnado de 2ºEP a 6ºEP.

Obxectivo cumprido xa que rematamos todas as probas e por riba a aula de 2ºEP clasificouse para o Campionato Provincial a celebrar na localidade de Portas (Pontevedra) o día 25 de xaneiro.

Parabéns a todos os cursos polo ben que o fixeron!!!

sábado, 4 de noviembre de 2023

CROSS ZONAL - PRAIA DE LADEIRA

O xoves 11 de xaneiro celebraremos o Campionato Xogade de Campo a través para Centros Escolares 2023-24 fase zonal Primaria na Praia de Ladeira e en horario escolar, na cal participaremos co alumnado de 2º, 3º 4º, 5º e 6º de primaria.

O Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra da Xunta de Galicia e a Agrupación Deportiva Val Miñor organizan esta competición destinada ao alumnado dos Centros Educativos participantes no programa XOGADE.

A finalidade desta actividade é a dinamización e promoción do Deporte Escolar mediante a participación inclusiva de todo o alumnado co obxectivo de loitar contra o sedentarismo.

O noso obxectivo será rematar a proba e pelexar ata o final!!!

Os horarios das diferentes probas serán: 



Tamén o domingo 3 de decembro celebrarase o XXIV Cross Escolar do Val Miñor, carreira solidaria na que podedes entregar alimentos non perecedoiros xusto antes da carreira. Podedes inscribirvos no colexio ou directamente na carreira.
Podedes consultar aquí o cartel cos horarios:


COÑECE O MEU CLUB: XIMNASIA ACROBÁTICA

Na semana do 16 ao 20 de outubro visitounos Cristina Castro Rocha, entrenadora do Gondomar Acro Club. Amosounos moitos aspectos técnicos da ximnasia acrobática e logo practicamos algunhas figuras de equilibrio. Canto hai que practicar!!! MOITAS GRAZAS, CRISTINA!!!

COÑECE O MEU CLUB: CLUB DE BOLOS NIGRÁN E CAMOS

Entre o 10 e o 13 de outubro, Leo e Jairo, adestradores do Club de Bolos Celtas de Camos e Ceán en Nigrán respectivamente, impartiron sesións de Bolos Celtas para todo o alumnado de primaria.

Os nenos e nenas desfrutaron moito e mostraron un grande interese por este deporte popular galego.

Lembráronnos a historia dos Bolos Celtas, as súas variedades e as técnicas necesarias para poder xogar e competir. 

Moitas grazas a Leo e a Jairo pola vosa dedicación e por vir ao cole de Vincios!!!


domingo, 8 de octubre de 2023

COÑECE O MEU CLUB: CLUB DE TENIS DE GONDOMAR

Isabel, adestradora do Club de Tenis de Gondomar, estivo no colexio a semana do 2 ao 6 de outubro e coñecimos un pouquiño máis o deporte da raqueta. Realizamos xogos moi divertidos!!!

Os mércores pola tarde adestrará no cole a todos/as os que queirades practicalo. 

ANOTÁDEVOS!!!



ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES = SAÚDE

É moi saudable realizar exercicio como mínimo 3 días á semana. animádevos con toda a oferta de actividade física que temos á nosa disposición organizadas pola ANPA do cole ou se queredes as das escolas deportivas do Concello de Gondomar ou onde máis vos guste:



PLAN DE ACTIVIDADES FÍSICAS E HABITOS SAUDABLES

Neste curso levaremos a cabo un Plan de Actividades Físicas e Hábitos Saudables que podedes consultar na web do centro no seguinte ENLACE. Unha das actividades que realizaremos será percorrer 1 Km diario ou milla para os/as máis ousados/as arredor do colexio, andando, correndo o como queiramos. Xa veredes que saudable vai ser.

Moito ánimo que podemos!!! 

  • Tan só require 10-15 minutos, tempo no cal a maioría dos nenos/as corren de media unha milla.
  • Os nenos/as corren ao aire libre.
  • Non fai falta montar nin recoller nada, nin se necesitan medios técnicos de ningún tipo.
  • Non fai falta ningunha formación especial para os profesores, nin supón unha carga de traballo adicional para eles.
  • Os nenos/as corren coa roupa que levan posta, polo que non se necesita equipamento especial nin se perde tempo cambiándose de roupa.
  • É unha actividade social, non competitiva e divertida.
  • Os nenos/as volven a clase despexados/as e listos/as para aprender.
  • Contribúe a mellorar a condición física e a manter un peso saudable.
  • Anima aos nenos/as a que tomen conciencia da súa saúde.
  • É unha actividade plenamente inclusiva: cada neno/a, independentemente das súas circunstancias, idade ou aptitude, é capaz de completar con éxito
    The Daily Mile
    .

INICIO CURSO 2023-24


COMEZAMOS UN NOVO CURSO ESCOLAR 2023-24, CON MOITA ILUSIÓN!!!



MATERIAL NECESARIO DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA ALUMNADO DE PRIMARIA
  • Roupa deportiva (chándal, camiseta, pantalón de deportes, segundo a época do ano…)
  • Calzado axeitado para realizar exercicio físico.
  • Material de aseo: toalla pequena, xabón ou xel e outra camiseta limpa.

domingo, 4 de junio de 2023

BAILE 1ºEP

Estupendo baile realizado polos nenos e nenas de 1º de Educación Primaria:


sábado, 6 de mayo de 2023

TONIFICACIÓN E XOGOS ACUÁTICOS

No mes de abril acudimos co alumnado de 6º de Educación Primaria ás instalacións deportivas do Centro Deportivo Universitario de Vigo (CDU) Instinto Deportivo.

Foi unha experiencia xenial onde cumprimos varios obxectivos:

  • Coñecer o funcionamento dunha instalación deportiva,  a oferta de actividades que desenvolve, aceptando as súas normas e aprendendo a compartir os vestiarios con outros usuarios.
  • Tonificar o noso corpo nun ximnasio, realizando exercicio físico buscando sempre unha boa técnica de execución.
  • Aprender diversos xogos e habilidades dentro da auga respectando aos compañeiros/as.
  • Sentir a necesidade de realizar exercicio físico fóra do colexio.

Damos as grazas coma sempre á Comunidade de Montes de Vincios por apoiar sempre esta actividade e ao persoal de Instinto Deportivo do CUVI por tratarnos tan ben e porque aprendimos moitas cousas.

No seguinte vídeo amosamos algo do traballo realizado:

sábado, 11 de marzo de 2023

ACROSPORT

Experimentando figuras e acrobacias co noso corpo practicando Acrosport:

martes, 14 de febrero de 2023

CIRCUÍTO DE EDUCACIÓN VIAL 5ºEP

Hoxe estivo con nós Aser Estévez, adestrador do Ciclismo Oiense, e o alumnado de 5ºEP practicou un circuíto de educación vial coas súas bicicletas:

domingo, 5 de febrero de 2023

EQUILIBRIO INVERTIDO 1ºEP

Fantástico exercicio de equilibrio do alumnado de 1ºEP, tan pequeniños e o esforzo que amosan!!!